Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Crítica ao sistema sanitario dos EUA

A rede salva da censura o último filme de Michael Moore

O documental Sicko xa está a circular por internet. Ademais, cidadáns estadounidenses contan as súas experiencias coa Sanidade nunha canle do YouTube.

Redacción - 11:17 18/06/2007
Michael Moore pide a colaboración dos internautas

Michael Moore pide a colaboración dos internautas

O polémico cineasta estadounidense Michael Moore xa non terá problemas para que o seu último filme, Sicko, se vexa no seu país. Moore deixou hai uns días unha copia da fita en Canadá, por se acaso o FBI decidía confiscalo. Pero non farán falla tantas precaucións: a produción xa se atopa nas redes de intercambio de arquivos.

En Sicko, documental que critica o desigual sistema de saúde dos EUA, aparecen escenas rodadas en Cuba sen autorización do goberno. Moore, aínda que xustificou a súa viaxe por una “investigación xornalística”, manifestou o seu temor a que o filme fose secuestrado, pois os cidadáns estadounidenses teñen prohibido viaxar ao país caribeño por mor do embargo.

Pero a difusión do filme a través do BitTorrent permitirá que, aínda que o Departamento de Tesouraría o confisque, sigan a circular copias do documental.

Canal no YouTube
 Paralelamente, Moore abriu un grupo no YouTube dedicado a Sicko. Nel convida os internautas a que presenten os seus propios vídeos sobre os seus problemas coa Sanidade pública estadounidense. Xa hai 50 respostas e máis de 700 persoas inscritas.
Na web oficial de Sicko, que ten previsto estrearse o 29 de xuño, hai aberto un blog que recolle experiencias sobre o sistema sanitario, tanto público como privado, dos EUA e mais do resto do mundo. Unha parte dos casos expostos amosan cidadáns estadounidenses que se marabillan dos sistemas sanitarios estranxeiros. Michael Moore pretende que as achegas do público acaden o Congreso do seu país, para que os representantes políticos as poidan ter en conta.


4,92/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: