Juan del Pozo envíanos este traballo para “Unha imaxe para o galego”. Apurade, este domingo pecha xa o prazo.
Dende Vigo, Juan del Pozo reivindica sen complexos unhas olimpíadas en Galiza e na nosa lingua para o ano 2020: “Aínda estamos a tempo de chegar ás olimpíadas...e en Parada de Sil...xa se están a preparar”.
Esta mesmo domingo día 17 remata o prazo para enviar fotografías e vídeos ao concurso “Unha imaxe para o galego”. Consulta as bases e os traballos.