Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Constitución de alcaldías

O PSdeG cédelle Turismo e Casco Histórico ao BNG en Compostela

Os nacionalistas ven reforzada deste xeito a súa presenza no concello respecto ao último mandato.

Redacción - 13:10 16/06/2007

O PSdeG cederá Turismo e Casco Histórico ao BNG en Santiago de Compostela, cidade que terá, ademais, unha única tenza de alcaldía que ostentarán os nacionalistas, tras o acordo selado este venres entre ambas as dúas formacións para gobernar conxuntamente a capital galega durante os próximos catro anos.

Así, os socialistas, que perderon un edil nas eleccións do 27 de maio, quedarán coas áreas de Urbanismo e Vivenda, Facenda, Réxime Interior, Persoal e Reforma Administrativa, Obras e Infraestruturas, Benestar Social, Muller, Servizos -salvo Auga e Saneamento que corresponderán ao BNG-, Educación e Xuventude, Deportes, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Transportes, Mercados, Sanidade e Consumo, Normalización Lingüística, Relacións Veciñais e Festas e Vodas.

Reforzamento do BNG
Os nacionalistas reforzan a súa posición no concello e asumirán as áreas de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Cultura e Centros Socioculturais, Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel -que incluirá Parques, Xardíns, Auga e Saneamento- e Rehabilitación e Casco Histórico.

Desta forma, os nacionalistas asumirán novas áreas con respecto ao pacto do 2003; Turismo, Rehabilitación e Casco Histórico. Ademais, o BNG ostentará unha única tenza de alcaldía con responsabilidade en Comunicación que asumirá o voceiro nacionalista local, Néstor Rego.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: