Unha web francesa tenta recuperar a vida da veciñanza con pequenas colaboracións cotiás
Peuplade (tribo) naceu da idea de reinventar unha vida social no seo dos barrios apoiándose en acenos simples, como gardar ao gato do veciño ou axudarlle a instalar a súa impresora.
Este sitio gratuíto permite cambiar bens e servizos ou subir un proxecto de barrio e son os propios habitantes quen alimentan a base de datos.
Sobre o sitio web, un sistema de xeolocalización permite facer visible sobre unha carta aos veciños xa inscritos e consultar as súas fotos. A xente encóntrase alí por centros de interese: mochileiros, cinéfilos, futuros parentes, hispanofalantes,...
Cada mes, máis de 700 encontros se efectúan en París grazas a esta páxina. Peuplade foi creada no 2003 por Nathan Stern, cun informático, Stéphane Legouffe, un avogado, Jérémie Chouraqui, e unha artista, Sara Hirschmuller.
O esperimento, primeiro concentrouse nun barrio do distrito 17. En 2006, foi estendido en toda a capital, e logo copiouse na vila de Grenoble. Na actualidade conta con máis de 67 000 inscritos e xa é consultable en toda Francia, mesmo desde o estranxeiro.