Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PARA LOITAR CONTRA O FRAUDE

Pulgas eletrónicas fan de policías

O goberno das Bermudas crean un sistema de vixiancia que rexistra todos os movementos dos vehículos do arquipélago

Redacción - 11:33 11/06/2007

“Os papeis do coche, por favor”. Nas Bermudas, esta frase tan temida polos condutores será dentro de pouco só un vello recordo. Desde o mes de maio, a policía desta pequena illa dependente do Reino Unido está sendo progresivamente substituída nas estradas por un sistema de vixiancia eletrónica baseada na tecnoloxía RFID (Radio Frequency Identification).

O sistema, que deberá rexistrar todos os vehículos das Bermudas de aquí ao primeiro de xuño de 2008, é o mesmo que o dos pasos Navigo da RATP francesa. Unha pulga, fundida nun autoadhesivo dalgúns centímetros cadrados, posto sobre o parabrisas, contén a información legal do vehículo (placa de matriculación, modelo e descrición física, contrato de seguro, conformidade coas esixencias de control técnico...). Trinta letores fixos ou móbiles instalados no territorio recollen toda esta información, nos desprazamentos do vehículo, que se envía a unha base de datos centralizada. As infraccións detectadas trátanse automaticamente.

Con 43.000 coches en 53 quilómetros cadrados, As Bermudas teñen a maior concentración de coches do mundo. Autorízase un único vehículo de catro rodas por fogar e as tarifas para o rexistro das placas son moi elevadas.

Coa axuda deste novo sistema, bautizado EVR (Electronic Vehicle Registration), o Goberno espera seguir mellor aos defraudadores e recuperar os aproximadamente 11 millóns de dólares (8 millóns de euros) anuais considerados de distintas infraccións non percibidas. Bermudas pretenden tamén reducir a circulación ilegal sobre o arquipélago, que contribúe ás embotellaxes e á contaminación.

A sociedade americana 3M, que desenvolve o sistema, explica xa ter sido contactado por Brasil, México, Sudáfrica, Arabia Saudí e Malaisia, que ten tamén grandes problemas de fraudes. Algúns destes estados pretenderían, segundo 3M, adaptar a súa lexislación para poder aplicar o EVR. Para Jaime Ojeda, xefe de negocios en 3M, "non cabe dúbida de que o EVR vai a converterse na norma mundial da vixilancia dos vehículos".

É a primeira vez que unha poboación enteira de automobilistas se atopa supervisada por pulgas RFID interpostas, o que levanta o debate das liberdades individuais. Pero a información recollida pola pulga "refírense ao vehículo, non ao condutor. Son o mesmo que as que as autoridades das Bermudas xa teñen", segundo se pode ler no sitio Internet do Goberno. Jaime Ojeda recoñece mentres que 3M está tecnicamente en condicións de proporcionar "un sistema que poida seguir o rastro dos desprazamentos de todos os vehículos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: