Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol e atletismo

Dúas equipas femininas galegas ascenden á máxima categoría

Dúas equipas ourensás conseguiron ascender á División de Honra das súas respectivas ligas na fin de semana.

Redacción - 11:19 11/06/2007

A fin de semana trouxo varios éxitos para o deporte galego feminino: a equipa do Ponte Ourense acendeu á División de Honra de fútbol, e o clube de Atletismo Academia Postal, tamén ourensán, subiu á maxima categoría deste deporte.

No fútbol...

... as xogadoras do Ponte Ourense, nunha espectacular remontada dun 0 a 3, conseguiron o ascenso ao se impoñer finalmente por 8-3 ao Brújula de Sevilla. Foi nunha abraiante última xornada da fase de ascenso disputada no pavillón dos Remedios de Ourense.

No atletismo...

As mulleres do Academia Postal van acompañar ás outras galegas na máxima categoría do atletismo estatal, as compoñentes do clube Ría de Ferrol. As ourensás conseguiron o ascenso á División de Honra do atletismo feminino ao clasificarse na segunda posición na fase celebrada en Cantabria esta fin de semana. Despois de anotar cinco triúnfos, o ascenso chegou na terceira intentona do día. Deste xeito o clube ourensán xa ten ás súas dúas equipas -feminina e masculina- na primeira división do atletismo estatal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: