Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
O colectivo celebra o seu 5º congreso

O Movimento dos Sem Terra relanza a loita pola reforma agraria

Vintetrés anos de historia suma o MST, que esta semana celebra unha xuntanza co lema "Reforma agraria: pola xustiza social e a soberanía popular".

Redacción - 11:15 11/06/2007

Aproveitando esta reunión, o colectivo presentará un renovado argumentario para o novo escenario político brasileiro baixo o título "A reforma agraria necesaria: por un proxecto popular para a agricultura brasileira". O MST subliña que as iniciativas presentadas forman parte dun proxecto global para a solución dun problema que non lle afecta en exclusiva aos integrantes desta mobilización, senón a toda a sociedade.

Deste xeito, achegan ideas concretas para mudar a organización dos espazos agrarios do Brasil, e apostan por obxectivos máis amplos que a simple democratización da propiedade da terra. Así, convidan a apostar por fixar poboación no rural e despregars modelos de produción diferentes, a reorganización cara ao abastecemento do mercado interno e modelos económicos que garantan unha maior redistribución das rendas.

Nos días previos a este congreso, o Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra realizou varias accións significativas, incluída a ocupación da Fazenda Amazônia, un área de máis de catro mil hectáreas no estado do Maranhão. Un total de 270 familias participaron na acción. Na mesma rexión son xa arredor de catro milleiros de familias integradas en 23 asentamentos.


3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: