O corredor do Caja Rural gañou o Campionato Galego de Contra Reloxo na categoría de Sub-23. Carlos Bruquetas e Jesús González quedaron primeiros en Sub-21 e Elite respectivamente.
Así foi como ficou a proba galega de contra reloxo, que nun tramo entre Compostela e a vila de Sigüeiro, reunía os corredores máis rápidos das equipas ciclistas nacionais.
A proba celebrouse no domingo, cun percorrido de 29 quilómetros, no que Delio Fernández marcou 41 minutos e 45 segundos, o mellor tempo de todos os participantes.
Os favoritos ocuparon as primeiras posicións en cada unha das suas categorías demostrando que, polas características do percorrido, a carreira era máis axeitada para corredores que estaban en boa forma que para auténticos especialistas na pelexa contra o crono.
O campionato reuniu os mellores ciclistas das categorías Elite, Sub-23 e Sub-21
Nos Sub-21 a victoria correspondeu ao ciclista de Cambre, Carlos Bruquetas (Wurth) que marcou un tempo de 42 minutos e 1 seguindo superando en 5 segundos ao coruñés Pablo Torres (Caja Rural) e en 31 segundos a Sergio Otero (Spol-Caixanova).
Nos Sub-23 o moañés Delio Fernández (Caja Rural) gañou cun rexistro de 41-45 que mellorou en 16 segundos o tempo do seu compañeiro de equipo Héctor Espasandín e en 3 minutos e 16 segundos o rexistro do corredor do Spol-Caixanova José Manuel Alonso.
Os favoritos quedaron nun segundo plano: o que importaba era estar en boa forma, non saber de contra reloxo
Na proba de Elite participaban dous corredores con opcións de reeditar as súas victorias do ano pasado e de hai dúas tempadas: Antonio Dacasa e Jesús Cobelo. O primeiro deles quedou na terceira posición en tanto que Cobelo terminou sétimo. Na categoría impúxose o pontevedrés do Estradense Hierros Diego, Jesús González que confirmaba a súa boa posición no ránking galego, acadada ao terminar a Volta a Galicia Camiños Xacobeos en moi boa posición. González chegaba facendo un tempo de 42 minutos exactos, seguido do ribadense Xosé Antón Cerezo (Nagares) cun tempo de 42 minutos e 12 segundos.
Ao acto de entrega de premios asistiron o alcalde de Compostela, Xosé A.Sánchez Bugallo que estivo acompañado do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, os ciclistas profesionais David Blanco e Ezequiel Mosquera, os técnicos do Karpin Galicia, Xesús Blanco e Anxo Vidal e o presidente e vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo e Estanislao Vázquez.