Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
A nova Deputación adiaríase até finais de ano

O PSdeG cavila renunciar ao recurso en Palas para evitar concederlle máis tempo a Cacharro

Será a propia dirección do partido a que decida se teima en continuar a reclamación electoral en Palas de Rei.

Redacción - 09:00 08/06/2007

As presuntas irregularidades no ámbito da Deputación de Lugo e as presas por apartar ao actual presidente, Francisco Cacharro, do poder na institución, son o principal argumento co que os socialistas cavilan en renunciar a esa reclamación.

Desde o momento en que á Xunta Electoral de Zona se lle comunique oficialmente a resolución sobre o recurso e se faga a proclamación dos candidatos, o PSdeG contará cun prazo de até tres días para a posíbel presentación doutro recurso, desta volta pola vía contencioso-admnistrativa.

En xogo podería estar a alcaldía de Palas de Rei, onde o PP tirou a maioría absoluta con dous votos de vantaxe sobre o PSdeG, 1432 fronte a 1430 papeletas, repartíndose respectivamente seis e cinco asentos. No reconto posterior diante da Xunta Electoral de Zona, detectouse que faltaban dúas das papeletas que foran consideradas nulas. Posteriormente, e ao iren presentar recurso os socialistas, un novo reconto amosou dous votos que presuntamente, non estaban o día antes. Inicialmente, a Xunta Electoral Central desestimou o recurso. A lea impediría a constitución da Deputación, podería rematar en repetición dos comicios nas mesas electorais afectadas e os asentos da Deputación poderían quedar pendentes de renovar até o próximo mes de novembro.

Mentres, e ao tempo que desde o PSdeG abrollaban os comentarios sobre os posíbeis candidatos a sentar na presidencia da institución, o voceiro do grupo socialista durante os últimos oito anos, Manuel Martínez, ofreceuse publicamente a asumir o cargo. Ademais do aval do seu traballo de oposición neste tempo, Martínez defende a recentemente conquistada alcaldía de Becerreá.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: