Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O Concello cambiará copas por zumos na `movida'

O Concello levará adiante unha campaña orixinal entre os xóvenes que se dan cita na `movida' pontevedresa co fin de conseguir que os mozos e mozas abandonen as copas en troques dos zumos de froitas naturais ou bebidas sen alcol. O programa está bautizado co `slogan' "Eu controlo" e está incluído dentro do `Plan Anual de Prevención de Drogodependencias para 1999'. Este plan ten un presuposto de 4,5 millóns de pesetas que foron solicitados polo Concello ó Ministerio do Interior para que sexan sacados dos ben e cartos incautados ós narcotraficantes durante as operacións policiais.

- 10:16 17/03/1999
Tags:

O alcalde de Pontevedra, Juan Luis Pedrosa, e a concelleira de Asuntos Sociais, Blanca Rodríguez, presentaron o programa `Eu controlo', como unha actuación máis do `Plan Anual de Prevención de Drogodependencias para 1999' que terá como finalidade conseguir que os xóvenes pontevedreses muden a costume de tomar copas durante a `movida' nocturna por zumos de froitas naturais ou bebidas sen alcol. Esta iniciativa estará acompañada dunha serie de incentivos a través de cupóns que poderán ser trocados por regalos, consumicións sen alcol gratis, camisetas, gorras, etc. Nos últimos meses o Concello está a levar adiante un completo calendario de actividades de prevención contra a drogadicción, en colaboracion con Asociacións de Pais de Alumnos, que comezou nos colexios de San Andrés de Xeve, Calsancias e Froebel, para evita-los malos hábitos de consumo, principiando xa desde a mesma casa. O Concello capitalino pretende tamén poñer en marcha un ambicioso programa que baixo o `slogan' "Abertos toda a noite" pretende ser un referente para o tempo de ocio da mocidade e unha alternativa de futuro contra a monótona excursion de bar en bar que se fai durante o tempo que dura a `movida'. Tratarase por tanto de fomentar actividades libres de droga e alcol, como proxección de películas de cine, teatro, obradoiros de fotografía ou actividades deportivas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: