Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Atentado contra o patrimonio

Unha pintada lixa o dolmen de Axeitos, en Ribeira

O texto, escrito de cor amarela, leva varias semanas no monumento megalítico sen que ninguén se ocupase de limpalo.

M. del Río - 11:56 05/06/2007
Dolmen de Axeitos

Dolmen de Axeitos

"Ola tontos" é a mensaxe que algunha persoa descoñecida deixou escrita con pintura amarela no interior do dolmen de Axeitos, unha das principais mostras da arte megalítica do país. O monumento, situado na parroquia de Oleiros, en Ribeira, leva varias semanas afectado por esa agresión. Segundo informa a edición barbancesa de La Voz de Galicia, cando menos até este luns ninguén fixo nada por restabelecelo ao seu estado orixinal.

Este tipo de atentados contra o patrimonio cultural son delitos penais. Dáse a circunstancia de que este xoves se reunirán na Coruña representantes da delegación provincial da Consellaría de Cultura, dos corpos de seguridade e mais o fiscal para estudar o protocolo de actuación cando se produzan delitos deste tipo.


4,2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: