Os nacionalistas galegos ofrecen colaboración pero piden que “non se criminalicen ideoloxías”
“Neste momento faise máis necesario ca nunca impulsar un grande acordo que incúa todas as forzas políticas do arco parlamentario do Estado para persuadir a ETA que en ningún caso vai obter réditos políticos pola vía da violencia”, sinala un comunicado do BNG.
Dende a formación nacionalista explícase que para o acordo sexa eficaz “non pode cimentarse sobre a base do bipartidismo e pola contra, debe reflectir o pluralismo político, social e nacional existente no Estado”. O BNG pide que ningún partido caia na tentación de “utilizar o drama terrorista para obter vantaxes políticas”. Por iso, solicita que non se criminalicen ideoloxías ou gobernos que son lexítimos.