O gaditano, case vigués, gañou estas medallas no Campionato Eurowaves 2007 en Brno (Rep. Checa), unha importante proba no calendario internacional.
A equipa estatal levou o sábado unhas trece medallas. As dez que fican repartíronse entre Teresa Perales, Daniel Vidal e Xavi Torres, os outros tres compoñentes da equipa de Rodríguez.
Xavi Torres xa tiña gañado na proba de 150 estilos na final multidiscapacidade do pasado Aberto de Berlín logrando a única medalla de ouro da equipa en toda a competición, marcando tamén un rexistro que lle dá a mínima paralímpica de cara a Pekín 2008; unha marca que debe ser refrendada polo veterano nadador durante o 2008 para confirmar a súa presenza nos Xogos Olímpicos.
Teresa Perales, Dani Vidal e Chano Rodríguez non foron a Berlín debido aos seus compromisos electorais- todos ían nas listas por diferentes partidos políticos nas eleccións municipais do 27-M. Non foron a Alemaña, mais na República Checa cumpriron, sobre todo Chano, que gañou as tres probas que disputou: os 50, os 100 e os 200 metros libres, modalidades das que é campión paralímpico.