Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Michael Bloomberg, a prol do control de armas

O alcalde 'republicano' de Nova York no 'punto de mira' da NRA

A Asociación Nacional do Rifle e outros grupos defensores do dereito a tenza de armas, cargan contra o neoiorquino pola súas políticas en favor de regulamentar a posesión destas.

Redacción - 12:41 04/06/2007
Unha tenda de armas, en Virxinia (EUA) / Foto: NYT

Unha tenda de armas, en Virxinia (EUA) / Foto: NYT

'Enemigo número 1' dos que defenden o seu dereito a ter armas. Así titula este luns o diario The New York Times unha reportaxe na que analiza a campaña levada a cabo dende os medios afíns á Asociación Nacional do Rifle, NRA, e outros grupos similares, contra o alcalde de Nova York, o republicano Michael R. Bloomberg.

Así, nunha publicación de Harrisburg (Pensilvania), acúsao de facer un discurso cheo de xenreira. Unha outra en Florida, NewsMax, afirma: "O odio de Bloomberg ás armas está a atentar contra as nosas raíces". E no The Wichita Eagle, un redactor pregúntase se acaso non está o alcalde de Nova York a "dicirlle á xente de Kansas o que ten que facer".

Bloomberg estase a converter en bandeira do control de armas nos EUA. Baixo o seu liderado, a coalición Alcaldes Contra as Armas Ilegais consolidouse no último ano como unha organización que conta xa con 225 mandatarios de vilas e cidades -a maioría demócratas- que pulan por instaurar medidas legais, políticas e de publicidade nos medios que lle poñan freo á violencia provocada por estas.

Ataques da NRA

A coalición está a ser combatida publicamente polo grupos que defenden o dereito dos cidadáns a posuír armas, e consideran que esta pretende aniquilar un dereito constitucional.

Entre estas asociacións, salienta a NRA, un dos grupos de presión con maior influencia en Washington. Bloomberg ocupou a portada dunha das revista que edita a NRA, de grande difusión, e no seu interior un artigo ridiculizaba a súa figura e poñía en cuestión os seus intereses persoais.

Porén, o alcalde afirma que en numerosas ocasións manifestouse a prol de que os cidadáns poidan ter armas, e que simplemente busca impedirlles aos criminais que teñan acceso a elas.


2/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: