Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A primeira volta é o 10 de xuño

As enquisas aumentan en Francia a vantaxe da dereita

Un 41% dos votos e, favorecido por un sistema que privilexia as maiorías, un teito de até 460 do total de 577 escanos podería acadar a UMP de Nicolás Sarkozy.

Redacción - 08:00 04/06/2007

Todas as enquisas coinciden en que a UMP de Nicolás Sarkozy se apuntará unha importante vitoria nos comicios que en dúas voltas celebrará Francia o 10 e 17 de xuño próximos. A esmagadora vitoria concederíalle aos conservadores até o 41% do total dos votos e un abano de deputados de entre 420 e 460 do total de 577 que sentan na Asemblea francesa.

Mentres, os socialistas tirarían o 27% dos apoios e quedarían nunha marxe de entre 80 e 120 asentos. Lonxe deles, o Partido Comunista mesmo perdería o mínimo de vinte deputados necesarios para formar grupo parlamentario, caendo a un prognóstico de 9 a 15 e a nova formación centrista promovida por François Bayrou chegaría como moito aos catro asentos. Por outro lado, a ultradereita de Jean Marie Le Pen quedaría fóra da Asemblea.

Seguro do favor das urnas, o executivo nomeado por Sarkozy dáse presa co deseño das reformas lexislativas proxectadas e anunciou xa que despois de constituírse o novo Parlamento haberá unha sesión extraordinaria no propio mes de xullo para acelerar as iniciativas lexislativas.

Máis en Le Monde.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: