Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
PSdeG e BNG propoñen un inédito pacto

O PPdeG aínda non decidiu se aceptará o convite a apartar a Ares da alcaldía de Toques

Socialistas e nacionalistas están a prol dunha coalición das tres forzas que lle impida gobernar a Xesús Ares, condenado por abuso sexual a unha menor

Redacción - 12:00 02/06/2007

Toques saíu das urnas o 27 de maio con maioría de votos para Xesús Ares, que se presentaba cunha nova formación, Xuntos Cara ao Progreso de Toques, XCPT. Presentábase con estas novas silgas despois de ser expulsado do PPdeG froito do proceso xudicial por mor dos abusos a unha menor, malia que nun momento inicial contara co apoio para a súa continuidade do propio Manuel Fraga, quen mesmo tratara de quitarlle importancia ao delito de Ares.

Con todo, o reparto é de 4 representantes para XCPT, 2 para PSdeG, 2 para PPdeG e 1 para BNG. Con eses números, a conta xusta para quitarlle o bastón de mando a Xesús Ares precisa dos apoios das outras tres forzas, o que debuxaría un inédito acordo entre socialistas, nacionalistas e populares. Así o propoñen PSdeG e BNG, malia que desde o PP aínda non se pronunciaron ao respecto.

A estratexia do PPdeG pasaría por presionar para que Ares deixe a política e ceda o liderado no XCPT e poder así facilitar o goberno desta forza. A medio prazo estaría a posibilidade da volta dos integrantes desta formación baixo as siglas do PPdeG.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: