Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
PORRAS ELECTORAIS

Reconversión laboral en Ordes: de vidente a analista político

Un internauta que asegura ser meigo acertou nunha páxina local o reparto de edís con cinco días de antelación.

R.V. - 13:20 31/05/2007
Imaxe do consistorio ordense / Foto: eordes.com

Imaxe do consistorio ordense / Foto: eordes.com

Poida que nun futuro os locuaces contertulios políticos teñan que ser substituídos por meigos e videntes varios. Polo menos en Ordes un deles demostrou unha sorprendente capacidade para predicir o comportamento electoral dos veciños. Cinco días antes acertou de cheo o reparto de concelleiros na corporación.

Contra o que se poida pensar a tarefa non era nin moito menos doada. No municipio ordense, que a penas pasa dos 12.000 habitantes, impera dende hai anos o multipartidismo. Nos últimos comicios presentáronse sete formacións. A paixón política non tardou en saltar ás tabernas e cafetarías da vila onde proliferaron de contado as porras. Ninguén acertou.

Porén, a sorpresa deuna un internauta que deixara cinco días antes dos comicios o seu prognóstico no portal eordes, un fervedoiro dos ruxe-ruxes da política local. O texto dicía o seguinte: “Son un afamado vidente da comarca, non emprego bola nin malas artes, só os meus dotes extraordinarios. Quero que saibades con antelación os resultados das eleccións, non é broma”. A continuación fai pleno: Unión por Ordes (4); PP (4); PSdeG (3); BNG (3); Nova Alternativa (2); Terra Galega (1); e Partido Galeguista (0). Habelas hailas, que diría o incombustíbel Iker Jiménez.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: