Velaí o rap:
Este venres 1 de xuño é a festa radiofónica de
Ponte nas Ondas. O pasado venres, o espazo Trébede, en RNE3, organizou un especial sobre a iniciativa.
Aló estiveron como convidados profesores, alumnos, regueifeiros, músicos e portadores do patrimonio inmaterial galego-portugués. Entre outros, os regueifeiros galegos Luis Caruncho e Benito Lobarinhas que demostraron en directo a vitalidade da regueifa. Alumnos participantes en Ponte...nas ondas! relataron as súas experiencias na xornada radiofónica. O gaiteiro Xurxo Antúnez, membro do grupo
Os Terribles de Donas, de Gondomar interpretou varias composicións deste grupo emblemático do Val Miñor. A Sra. Carme do grupo Malvela, que vén de publicar o seu novo disco
Da miña xanela á túa, tamén transmitiu varias manifestacións da literatura oral como son as cantigas populares
.