Esta é a última foto que recibimos para o concurso "Unha imaxe para o galego". Mándaa Rosa Fernández, e é que as rúas tamén poden estar enchoupadas de historia e lingua.
Vieiros, coa colaboración da Secretaria Xeral de Política Lingüística, mantén aberto o concurso que busca a imaxe que mellor defina a nosa lingua. Até o momento xa chegaron 22 instantáneas. Tamén buscamos vídeos. Anímate, o prazo está aberto até o 11 de xuño.
O día 23 de xuño saberase quen son os gañadores. Consulta as bases e os premios que están en xogo. Envía xa as túas propostas a vieiros@vieiros.com