Na tarde da cuarta sae da cidade luguesa para terminar o día 3 de xuño n'A Coruña.
Ás 13:30 horas da cuarta feira comeza a Volta a Galicia Elite e Sub-23, na que participarán os mellores corredores galgos e estatais destas categorías. A proba galega conta coas varias etapas: unha primeira en Monforte; unha segunda en Melón; a terceira en Viveiro; unha penúltima en Cangas para terminar n'A Coruña.
Cada día a chegada do pelotón está prevista para as 18:00 horas nas tres primeiras etapas, e ás 13:30 horas na última. Arredor da rolda galega celebraranse numerosas actividades, como cursos de formación para ciclistas, charlas e coloquios. -nos que participarán membros da equipa galega, o Karpin Galiza- e xogos para as crianzas nos puntos de meta.
O favorito deste ano para levar a victoria na rolda galega, vendo as súas progresións no último ano, é o Supermercados Froiz, que tentará revalidar a victoria conseguida o ano pasado con Óscar Laguna. O ciclista, que estivo seis años en profesional, é o máximo candidato á victoria final.
Algúns gañadores ilustres na rolda galega
Na Volta a Galicia tivo varios gañadores moi coñecidos, tanto en nivel profesional como amateur; entre eles cóntanse Vicente Belda, Delio Rodríguez, Jesús Blanco Villar, Miguel Indurain, Abraham Olano e Marcos Serrano, que gañaron nalgunhas edicións. En Elite y Sub 23 teñen gañado corredores coñecidos como o actual ciclista del Karpin Galicia Luis Fernández Oliveira.
A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, estará no punto de saída da primeira etapa Monforte-Monforte.