Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Cacharro reprime a faca da despedida

Asegurou Francisco Cacharro que nin lle "doe" nin lle "alegra" nada do acontecido nestes comicios, chamando a que asuma responsabilidades quen "pense que as ten".

Redacción - 09:30 29/05/2007

Apartado pola actual dirección do PPdeG da candidatura á Deputación de Lugo, e despois de que o o seu partido perdese a maioría necesaria para o goberno da institución aínda que por outra parte o PP local gañase espazo coa candidatura de Xaquín García Díez, apartado polo propio Cacharro en 1999, este luns agardábase con expectación a comparecencia pública do presidente en funcións da deputación luguesa.

Francisco Cacharro convidou a que quen teña que asumir responsabilidades diante do "fracaso" do PP na provincia, o faga "por propia iniciativa". "Máis que pedilas, se é que a alguén lle alcanzan, debe asumilas", avisou. Afastándose da perda dos catro deputados provinciais que lle quitan a maioría ao PP, subliñou que el foi "espectador de campaña" e que se adicou a observala " obxectiva e até friamente". "Como dixo o outro, que sexa por ben", engadiu, indicando que non lle corresponde a el facer valoracións, malia que durante a precampaña foi acusado por membros do seu partido de promover candidaturas independentes que apuntaban ao espazo electoral dos populares.


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: