Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Denominación de Orixe para O Cebreiro

A Xunta de Galicia acordou otorga-la Denominación de Orixe ó Queixo do Cebreiro, que ata agora contaba coa Denominación de Producto Galego de Calidade, unha consideración valiosa en Galicia, pero non cara Europa, algo que sí aporta a Denominación de Orixe.

- 09:47 17/03/1999
Tags:

En definitiva, este acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia do xoves, 11 de marzo, ven recoñece-la calidade dun producto artesán que dende hai uns dez anos recuperou a tradición e que nese tempo fixo un grande esforzo por acadar o nivel de calidade e garantías esixidos na Comunidade Europea sen perde-lo encanto da tradición.

O Queixo do Cebreiro é o terceiro de Galicia que conta coa Denominación de Orixe, despois de Arzúa-Ulloa e Tetilla, pero adiantouse a tódolos queixos galegos na súa entrada na Internet, pois conta cunha páxina oficial que, ademáis de explicar polo miúdo as características e modos de producción do producto ofrece 50 receitas de cociña.

Logo do acordo da Xunta, constituíuse un Consello Regulador provisional, que elaborará o censo de productores e o regulamento, para a súa posterior aprobación de novo pola Xunta de Galicia. Sera daquela cando os queixos do Cebreiro poderán inxerir na súa etiqueta o selo da Denominación de Orixe.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: