Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O RASTREADOR 'OPTICAL TAG'

Crean un sistema para identificar e localizar pasaxeiros nos aeroportos

Espérase que se instale nas terminais de todo o mundo nun par de anos.

Redacción - 13:23 28/05/2007

O ir e vir constante e masivo dos milleiros de pasaxeiros que circulan cada día polos aeroportos do mundo require cada vez máis de sistemas eficaces de control e seguridade. O Optical Tag, que permite localizar en todo momento os pasaxeiros que se atopan no aeroporto, suporá unha mellora no proceso de embarque de pasaxeiros reducindo as demoras. Mais tamén se trata dun sistema de seguridade para vixiar comportamentos sospeitosos e axudar aos equipos de asistencia en situacións de emerxencia.

Durante tres anos, o Instituto de Investigacións Europeas e algunhas pequenas e medianas empresas, co apoio da Comisión Europea, crearon o proxecto Optical Tag (que se está a desenvolver no University College de Londres) para mellorar a seguridade dos pasaxeiros nos aeroportos. Este proxecto combina cámaras especiais cun sistema de control por radiofrecuencia, para determinar en todo momento a posición exacta de cada pasaxeiro no aeroporto.O sistema pode por exemplo localizar un pasaxeiro que vai perder o seu vó.

O proxecto Optical Tag combina a tecnoloxía fotográfica co escáner dixital, un sistema de oito cámaras fotográficas que se colocan no contorno do pasaxeiro para abranguer os 360 graos que circundan á persoa, cada cámara ten unha célula láser.

Axústase cada cámara de forma manual para que estean aliñadas á mesma altura. As cámara enfocan un mesmo obxecto para que os sensores se movan á mesma distancia. Mediante un cálculo complexo por ordenador, as liñas horizontais e verticais do obxectivo quedan axustadas á mesma altura para producir unha imaxe panorámica. Esta vista panorámica octogonal aparece proxectada nun cilindro onde o garda de seguridade pode observar unha imaxe completa e sen remendos.

Identificación

O proxecto utiliza tamén un sistema de identificación por radiofrecuencia. Cada cámara ten unha antena que recibe sinais de radio e que proceden dunha etiqueta instalada na tarxeta de embarque. Para realizar as probas de maneira precisa, o University College de Londres axusta os receptores nun habitáculo sen ecos.

Os viaxeiros levan unha etiqueta cun chip que emite un número específico. Con tres cámaras e unha antena de radiofrecuencia pódese determinar a posición exacta de cada número, que corresponde a unha persoa que nese momento está no interior do aeroporto. Esa información engadida ás imaxes obtidas polo conxunto de cámaras de 360 graos proporciona unha posición exacta e por outro lado unha identificación visual co número da etiqueta do pasaxeiro.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: