Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Pola normalización das viñetas

En galego, por Tutatis!

Con esta expresión de Astérix, a Ciberirmandade da Fala protesta perante a decisión de Bruño-Salvat de non publicaren as aventuras na nosa lingua.

Redacción - 13:45 28/05/2007
Obélix na campaña da Mesa

Obélix na campaña da Mesa

Comparan a decisión da editora cunha manobra de imperialismo romano contra a pequena aldea da Gali(z)a na que vivían o astuto Astérix, o sabio druída Panorámix, o lambón Obélix co seu canciño Idéfix ou o bardo da voz estridente, Asurancetúrix. O célebre personaxe creado polo enxeño e os pinceis de René Goscinny e Albert Uderzo xa falou unha chea de idiomas, traducido a máis de cen linguas, entre elas, latín, grego ático, asturiano, farsi, mirandés, corso, ou vintenove dialectos alemáns. Xa contamos tamén con varias das aventuras en galego, mais agora, con motivo da publicación en homenaxe a Uderzo Astérix e os seus amigos, só saíron edicións en catalán e castelán.

Dende a Ciberirmandade propoñen dúas alternativas: "mandar o noso bardo - gaiteiro, Gaiteranceturix, para tocarlles a gaita día e noite aos directivos de Salvat-Bruño", aínda que non é factíbel pola "apertada axenda" do músico; ou ben "falar con Panorámix e Abraracúrcix, mobilizar a aldea galega, e, despois de tomar un pouco de beberaxe de "amorprópriux", mandarlle uns cantos ciber-menhires á editorial". Se optamos por enviar o noso "menhir", podemos facer a inscrición aquí. Tamén a Mesa pola Normalizacións Lingüística iniciara unha campaña con este fin.


4,33/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: