Co seu autodenominado galeguismo de centro, Terra Galega logrou rabuñar 33.363 votos por todo o país e colocar a 66 concelleiros.
Pola súa parte, a competencia directa representada polo Partido Galeguista obtén uns resultados sensibelmente menores e ten que conformarse con só 19.736 votos e 10 concelleiros. Ademais, a formación perde a súa principal referencia, os dous concelleiros cos que contaba en Vigo, con Manoel Soto á fronte.
Con estes datos, é probábel que na previsíbel negociación Terra Galega-Partido Galeguista para conformar unha iniciativa conxunta cara ás próximas eleccións autonómicas, sexan os primeiros o que asuman o protagonismo. Ao fío desa posibilidade, cabe destacar que na provincia da Coruña, a suma de votos de TG e PG, extrapolada a eses comicios, ponos por riba do límite do 5% necesario para obter un deputado no Parlamento de Galicia.
Que xogaban? - O centro nacionalista: u-lo?