O PSdeG é o máis votado en Nigrán e o BNG conseguiría a alcaldía en Gondomar, onde é a segunda forza en votos. En Redondela as urnas ofrecen continuidade con liderado socialista, aínda que sobe en votos o PPdeG.
A axitada traxectoria dos últimos anos en Nigrán poderá virar en favor dun pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas, que suman a maioría necesaria fronte a PPdeG e independentes.
O pacto tamén poderá quitarlle a alcaldía ao PPdeG en Gondomar, aínda que desta volta co liderado dos nacionalistas, que son a segunda forza en votos.
O único representante de Coalición Miñorana decidirá quen é o alcalde en Baiona, onde PSdeG e BNG obtiveron respectivamente 6 e 2 concelleiros e o PPdeG sumou 8.
O BNG pasa a ser a forza máis votada no Porriño en detrimento do PPdeG. Con todo, as urnas debuxaron un complexo escenario no Concello, xa que o PP podería conformar unha maioría no caso de chegar ao acordo coas dúas formacións independentes que conseguiron representación no municipio.