Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Co 100% escrutado

Pontevedra: Telmo Martín queda ás portas da absoluta

PPdeG, BNG e PSdeG conseguen 12, 7 e 6 concelleiros na cidade do Lérez, onde poderá reeditarse o pacto de goberno liderado polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores.

Redacción - 00:10 27/05/2007
Tags: enquisa

O BNG perde o liderado gañado no escenario político pontevedrés hai catro anos. Desta volta, o PPdeG conseguiu ser a lista máis votada cun forte ascenso que o deixa co 44,15% dos votos e 12 concelleiros, só un por baixo dos necesarios para a maioría absoluta.

Así, e mentres os populares gañan arredor de catro mil votos, o BNG sofre a perda de preto de cen mil sufraxios e cae dos 10 aos 7 asentos, obtendo o 28,26% dos votos.

Cun incremento de dous mil apoios, o PSdeG sobe ao 22,33% do total de votos e os pontevedreses concédenlle un asento máis.


3,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: