Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Co 100% escrutado

Ourense: PSdeG e BNG furan a maioría de Nóvoa

O relevo de Manuel Cabezas na alcaldía non consegue amarrar a última absoluta dos populares en territorio urbano. PdeG, PSdeG e BNG obteñen respectivamente 13, 8 e 6 concelleiros cada un deles.

Redacción - 00:00 27/05/2007

Algo máis de 2 mil votos perdeu o PPdeG en Ourense, o que porcentualmente significa catro puntos menos ca en 2003 e a perda para Enrique Nóvoa da maioría absoluta herdada do ex alcalde Manuel Cabezas.

Atrás dos populares, a aposta polo cambio que os cidadáns decidiron nas urnas foi feita rendíbel especialmente polo PSdeG, que releva ao Bloque na segunda posición, subindo en 4 mil votos e pasando de 8 a 6 concelleiros. Con eses números, o candidato Francisco Rodríguez, que chegara ás portas dos comicios de 2003 para substituír a espantada do cabeza de lista que a dirección do partido escollera para a cidade, poderá agora ser alcalde a través dun pacto cos nacionalistas.

Xa que logo, o BNG perde tres milleiros de votos, o que significa un asento menos no Concello, de 7 a 6, para a lista que liderou Alexandre Sánchez Vidal.


4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: