PPdeG, PSdeG e BNG obteñen 11, 10 e 4 asentos.
Bugallo volverá ser alcalde de Santiago. Porén, os resultados non foron nin moito menos os agardados. Lonxe de conseguir a maioría absoluta que algún prognosticaba, os socialistas incluso perderon un concelleiro. O rexedor volverá precisar dos nacionalistas para formar goberno. Os de Néstor Rego salvaron os móbeis e repetiron resultados.
Mais sen dúbida a sorpresa deuna o conservador Xerardo Conde Roa, ao lograr que o PPdeG fora a lista máis votada e obter un concelleiro máis ca o seu antecesor e ex conselleiro Dositeo Rodríguez. O líder da dereita posiciónase así de xeito máis que probábel para voltar a pelexar pola alcaldía en 2011.