Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Precisa do BNG para gobernar

A Coruña: Afunde o PSdeG de Losada

PSdeG, PPdeG e BNG obtiveron 11, 10 e 6 concelleiros respectivamente.

Redacción - 00:01 28/05/2007

As cómodas maiorías dos socialistas na cidade herculina pasaron á historia. Xavier Losada non foi quen de atraer o voto conservador que tiña cada comicio Paco Vázquez. O PSdeG deixou no camiño tres concelleiros que pasaron á dereita. O BNG de Henrique Tello, que repite resultados, é o socio necesario de Losada.

Losada dirixiuse á militancia afirmando que eran a "forza máis votada" pero a preocupación era máis que evidente no rostro dos militantes coruñeses. Nas últimas consultas non deixa de desinflarse o electorado socialista. O PSdeG coruñés terá que aparcar o seu discurso "anti-galeguista" e amoldarse aos nacionalistas.

O conservador Carlos Negreira logrou un dos mellores resultados históricos do PP na cidade. Pola súa parte, o Partido Galeguista de Carlos Marco e Cor.Co.Ba quedan fóra da corporación, tal e como se agardaba.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: