Mirando na tendencia apuntada polos resultados en 2005, presentámoslles o mapa onde as urnas prognosticaban que a suma de votos de PSdeG e BNG sería abondo para o goberno conxunto.
As comarcas da Mariña, A Coruña, Ferrolterra, Eume, Bergantiños, Fisterra e Terra de Soneira, o Barbanza, O Morrazo, a comarca de Vigo... As áreas costeiras do país debuxan un mapa favorábel ás formacións de esquerda, con apenas oito ou nove excepcións de maioría conservadora. Cara ao interior, a maioría PsdeG-BNG esténdese na Coruña por Santiago, Arzúa ou Ordes, ten en Lugo núcleo principal arredor da capital da provincia, a comarca dos Ancares e puntos como Sarria, Monforte ou A Fonsagrada e prognostica tamén a maioría de socialistas e nacionalistas no Concello de Ourense. Sumas posíbeis aparte, o PPdeG seguiu sendo daquela a forza máis votada na maioría de concellos de Galiza.
En 2005, o PSdeG foi a formación máis votada en 32 concellos e o BNG conseguiu ese primeiro lugar en 4 municipios: Allariz, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e Corcubión. No resto do país, o maior número de papeletas foi en todos os concellos para o PPdeG.
ELECCIÓNS 2005: