Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

A caída do PPdeG: entre os maiores "furados" e as "aldeas galas"

A saída do poder en 2005 foi acompañada para o PPdeG dunha forte caída. Amosámoslles o mapa dese descenso, incluídos os municipios onde foi quen de aumentar voto.

Redacción - 09:05 27/05/2007
Tags: 2005 mapa

Traducirase a tendencia á baixa nas eleccións de 2005 en similares descensos nestes comicios municipais? Fronte a ese agoiro xoga o PPdeG o 27 de maio. Achegámoslles algúns datos ao respecto.

Nas cidades
De modo xeral, a erosión do voto urbano ao PPdeG en 2005 moveuse entre descensos do 3 ao 6% no caso de Ourense, A Coruña, Santiago e Pontevedra. A caída superou esa barreira en Vigo e Lugo e só foi menor ca o 3% en Ferrol.

ELECCIÓNS 2005:



No resto do país
A continuación, a lista de concellos onde a erosión do Partido Popular experimentou descensos de máis do 9%:

Na Coruña: Laxe, Zas, Coristanco, Mañón, Mesía, Aranga, Melide, Santiso e A Pobra do Caramiñal.

En Lugo: Monforte de Lemos, Xove, Trabada, A Pontenova e A Pastoriza, Gutiriz, Outeiro de Rei, Pol, Castroverde, Navia de Suarna, O Páramo, Bóveda e A Pobra do Brollón.

En Pontevedra: A Illa de Arousa, O Grove, A Estrada, Cotobade, Cangas, Tomiño, Salceda de Caselas e Rodeiro.

En Ourense: Piñor, Maside, Carballeda de Avia, Beade, Arnoia, Bande, Calvos de Randín, Rairiz de Veiga, A Bola, Taboadela, Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Maceda, Xunqueira de Espadañedo, Montederramo, Parada de Sil, Vilariño de Conso, San Xoán de Río, Pobra de Trives e Petín.

E porén mentres os núcleos principais amosaban fortes caídas para os populares en case o total dos 315 concellos do país, no contorno rural o PPdeG aínda mantiña numerosos fortíns e mesmo en 22 pequenos municipios as urnas agasalláronlles con incremento de votos.

Esas subas para os populares foron, na provincia da Coruña: Camariñas, Fisterra, Dumbría, Lousame e Vilarmaior. En Lugo: Xermade, Abadín, Ribeira de Piquín, Baralla e Triacastela. En Pontevedra: Vilaboa, Campo Lameiro e A Lama. E en Ourense: Rubiá, A Gudiña, Vilardevós, Cualedro, Trasmirás, Xinzo de Limia, A Porqueira, Vilar de Santos e Verea.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: