Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Slalom

Cita cos campións estatais na fin de semana en Vigo

Celébrase o campionato o 19º Campionato Estatal de Slalom e o 2º Open Internacional.

Redacción - 13:09 25/05/2007
Tags: slalom
Imaxe dunha competición de Slalom

Imaxe dunha competición de Slalom

O slalom é un deporte destinado exclusivamente a deportistas con parálise ou lesión cerebral, que se asemelle funcionalmente á parálise.

O desenvolvemento do slalom consiste en superar problemas creados de forma artificial; xiros, cambios de dirección, rampas, etc., que esixen ao deportista, rapidez, coordinación, forza e técnica para facelo no menor tempo posible e cometendo o mínimo número de erros. Coa súa práctica, téntase mellorar a autonomía e a funcionalidade da persoa con parálisis cerebral na vida diaria; fomentando o uso ao límite do medio de desprazamento, a cadeira de rodas.

O horario dos campionatos será de 10 a 18h o sábado e de 10 a 14 h o domingo, no pavillón do barrio vigués de Bouzas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: