Tes un relato, escribiches un poema, se cadra unha canción? Se non o fixeches: Ponte ao choio! Xa podes participar no concurso Na Rede do Patrimonio.
Ponte nas Ondas proponvos participar nunha achega conxunta en favor do patrimonio inmaterial galego-portugués. Con ese obxectivo convocan un concurso de textos creativos. Podedes enviar poemas, contos, cancións... Iso si, só unha condición: deberán incluír a palabra "PONTE".
Podedes enviar as vosas creacións á caixa de correo pontenasondas (arroba) pontenasondas.org. Haberá premios para as mellores composicións, e tamén se sortearán agasallos entre todos os correos electrónicos recibidos.
Ademais, convócase un concurso de SMS a través dos teléfonos móbiles. Enviade un SMS ap 635 49 99 01 cun texto que conteña a palabra PONTE e que non supere os 160 caracteres. Os máis orixinais optarán tamén a reprodutores MP4 como premio.
Ponte nas Ondas agarda a túa creatividade!
Lembrámosvos que o 1 de xuño haberá unha conversa en liña con Augusto Canário, Cándido Pazó, Avelino González e Anxo Moure. No correo electrónico pontenasondas (arroba) pontenasondas.org podedes ir deixando tamén as vosas preguntas para eles.