Até medio cento de escanos máis e maioría absoluta, prevén as sondaxes para o partido do presidente, Nicolás Sarkozy.
Dos 577 escanos da Asemblea francesa, a sondaxe publicada esta semana por Sofres prognostica que até 415 poderían ser ocupados por deputados da Unión polo Movemento Popular, UMP. A enquisa fala tamén dunha caída significativa do Partido Socialista, PS que caería até 137 representantes. En porcentaxes, a formación de Sarkozy apañaría o 40% do total dos votos e os socialistas non pasarían do 28% dos sufraxios.
Por outra parte, o partido de centro promovido por François Batrou tería o seu teito no 15%, malia que na actualidade, dos 29 deputados afíns cos que contaba na Cámara, un total de 24 decidiron pasar á UMP de Sarkozy. Doutra beira, o secretario xeral do PS, François Hollande, compañeiro de Ségolène Royal, anunciou que deixará a dirección do partido á volta destas lexislativas.
A cita coas urnas, os días 10 e 17 de xuño.
Máis en Le Monde e Libération