 
 
O presidente e o primeiro ministro palestino, líderes á súa vez de Hamás e Al Fatah, reuníanse este mércores. Ao tempo, Israel detiña 33 persoas, incluído o ministro de educación.
O ministro palestino de Educación, Nassereldine al-Shaer, foi capturado por soldados israelís este mércores durante unha operación militar que incluíu a detención de até 33 membros do grupo Hamás nunha zona ao norte de Cisxordania. Entre estes hai tamén varios altos funcionarios do goberno palestino e tres deputados. Israel acúsaos de estar implicados no lanzamento de bombas sobre Gaza.   
  
  Ao mesmo tempo, o presidente palestino, Mahmud Abbas, e o primeiro ministro, Ismail Haniyeh, trataban de chegar a un acordo para que os respectivos grupos que lideran aceptasen unha tregua e puidese relanzarse o diálogo con Israel. Desde Hamás descartan esa posibilidade mentres sigan as "agresións" de Israel. É a primeira xuntanza dos dous líderes desde os enfrontamentos entre milicias de Hamás e Al Fatah que deixaron ducias de mortos.   
  
  Poden ampliar en Haaretz
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto