Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SELECCIONAN CO DEDO AS IMAXES

Un comunicador tamaño móbil pode axudar aos nenos autistas

Algúns nenos comezaron a falar e a costruír frases e resulta máis doada a comprensión

Redacción - 13:37 23/05/2007

Un comunicador do tamaño dun móbil soportado sobre un dispositivo PDA proporciona aos nenos con trastorno do espectro autista carentes de linguaxe funcional a 'navegación' sobre actividades cotiás, como comer, ir ao supermercado ou ao colexio.

Trátase dun traballo levado a cabo por un equipo de investigadores da Universidade de Granada e de profesionais da educación premiado pola Asociación Española de Profesionais do Autismo (AETAPI) e publicado por Obra Social Caixa Madrid no libro 'Investigación e Innovación en Autismo'.

O neno pode levar o comunicador, chamado 'scaut', a calquera sitio e grazas a el selecciona co dedo unha imaxe con son -por exemplo, un vaso de leite- e permite á nai ou á persoa que o coida responderlle marcando outra -a dun zume-, para lle indicar que mellor faga a segunda opción, establecéndose desta maneira unha comunicación entre eles.

O programa informático abrangue moitas situacións da vida cotiá, segundo explicou a coordinadora deste proxecto María José Rodríguez, e está adaptado a un neno autista 'para facilitar a súa integración' cos pais ou titores e permitir que 'a través de imaxe e sons se comunique co seu contorno'.

O menor expresa desexos respecto a obxectos, pero tamén mostras de afecto, como abrazar, ou sentimentos como ter soño ou fame.

Rodríguez destacou que o comunicador, que polo momento só se utilizou nalgunhas garderías e centros infantis de Andalucía, é de 'doada aprendizaxe, porque só hai que seleccionar co dedo'.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: