Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
III Encontro escolar galego de xogos tradicionais

Os pequenos xogan á mariola, ao brilé e ao pano en Pereiro de Aguiar

E tamén ás bólas, coas buguinas... dende as 10 de mañá do sábado até que se aguante practicando unha chea de xogos tradicionais que forman parte do noso patrimonio cultural.

Redacción - 17:11 22/05/2007
Nenas xogando á chave de aspas

Nenas xogando á chave de aspas

O Complexo Deportivo Monterrei, en Pereiro de Aguiar (Ourense) encherase de nenos e nenas a xogar na terceira edición do Encontro Escolar Galego de Xogos Tradicionais, no que tamén se darán cita os maiores.

Organizado por Brinquedia, a Rede Galega de Xogo Tradicional, co patrocinio da Fundación Deporte Galego, han participar no encontro escolares chegados de toda Galiza e que, ao longo de toda unha xornada, compartirán a cultura do xogo do pobo.

Toda a información sobre o encontro está nesta web.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: