 
 
Os Irmáns, Amigos e Compañeiros de Xosé Couso (HAC, nas súas siglas en español) din que a petición do fiscal "obedece aos desexos de agradar ás autoridades estadounidenses".
Os Amigos, Irmáns e Compañeiros de Xosé Couso (HAC, nas súas siglas en español) denunciaron que a petición de arquivar o 'caso Couso', efectuada polo fiscal da Audiencia Nacional española Jesús Alonso, "é un agasallo de benvida pola próxima visita que realizará a España Condoleezza Rice, secretaria de Estado dos EUA. Segundo os HAC, Alonso actúa como "avogado defensor dos tres presuntos asasinos".
"Os HAC consideramos que a fiscalía obedece coa súa decisión aos desexos do goberno español de agradar ás autoridades estadounidenses e de reconducir unhas relacións enrarecidas polo auto de procesamento de tres dos seus militares, nos días previos á tan arelada reunión con Condoleezza Rice", sinalaron.
  Recurso baseado no informe do Pentágono
Ademais, acusan o fiscal de basearse nos argumentos sostidos polo informe que elaborou o Pentágono no que se exculpaba ás súas tropas alegando "lexítima defensa".   
"Habería que preguntarse se existen outros motivos que empuxaron ao citado fiscal a intentar arquivar de novo o caso Couso, reaberto trala sentenza do Tribunal Supremo, ou se prevalece algún condicionamento alleo á función que ten encomendada", afirman.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto