Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O COCHE DO FUTURO?

'Espírito de Berlín', máis ca un robot con forma de automóbil

O vehículo pode ser manexado con ou sen condutor, con sensores de peóns e de sinais de tráfico

Redacción - 13:46 22/05/2007

‘Spirit of Berlin’ é máis ca un robot con forma de auto. É un automóbil autónomo dirixido completamente por computadores, se así o prefire o seu condutor ou propietario.

Os computadores que asumen o mando do auto procesan as informacións dun sistema de navegación, sensores láser e cámaras de video, segundo a páxina virtual da Universidade Libre de Berlín. O sistema foi desenvolvido por un grupo dirixido polo informático mexicano Raúl Rojas, profesor de intelixencia artificial na Universidade Libre de Berlín.

A implementación de alta tecnoloxía permitiría utilizar dito automóbil como vixilante de edificios ou grandes espazos. O 'espírito de Berlín', que tamén pode ser manexado convencionalmente, poderá no futuro recoñecer semáforos en verde ou en vermello e a sinalización de tráfico das vías por onde transite. Se un dos usos pode ser, é o de vixilante, non é de sorprender que un dos promotores do proxecto sexa a Policía da capital alemana.

A achega científica estivo a cargo da Sociedade Fraunhofer (IAIS), de Birlinghoven. A lectura con raios láser de terceira dimensión, por exemplo, foi desenvolvida en cooperación coa Universidade Libre de Berlín.

A cen quilómetros en sen condutor

O Mini-Van dotado de cámaras e sensores, pode rodar autonomamente ou adaptarse para unha condución convencional con só oprimir un botón. Os sistemas computarizados que moven o automóbil son capaces de o dirixir, frealo, aceleralo, así como de prender e apagar o seu motor

Sensores combinados recoñecen ademais a peóns, ciclistas e outros automotores. Os lectores de información lanzan raios láser en torno ao auto que son reflectidos polas persoas ou obxectos que se encontren arredor. O tempo percorrido polos raios reflectidos é medido por dispositivos sensoriais que indican onde e a que distancia se encontran os identificados.

Grazas aos sistemas de identificación, o computador “constrúe” un mapa dos obxectos movibles e fixos na rúa. Ata agora o alcance dos sensores de láser chega a uns 150 metros.

Todo o estático e movible será identificado

E, como era case de se esperar, o automóbil robot desenvolvido en Berlín, se serve dun sistema de navegación satelital máis preciso que o GPS convencional, pois o sinal non se deixa desviar por edificacións altas. Catro potentes computadoras doadas por IBM son as encargadas de procesar os datos, proveñan estes das cámaras de video, do espazo ou dos sensores láser.

Por suposto que o uso de autos deste tipo non só se limitará á policía. O alto valor ecolóxico do 'Espírito de Berlín' convérteo en un dos candidatos aos autos da futura e a súa vantaxe demostraraa nunha competencia de autos deste tipo que ten lugar en novembro próximo en California.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: