Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CUNHA MARXE DE ERRO DO 2%

Crean un robot en Israel para asistir pacientes en operacións medulares

"SpineAssist" conta cunha base de datos que supera os coñecementos que un humano podería adquirir.

Redacción - 12:41 21/05/2007

Científicos israelís desenvolven un robot en miniatura para guíar aos cirurxiáns en operacións de médula espinal. Os médicos afirman que o robot reduce as posibilidades de danar aos pacientes, nunha das operacións máis complexas, polos altos riscos que corre o paciente.

Unha vez na columna vertebral, "SpineAssist", que así se chama o robot, moverase desde fóra, mediante control remoto, utilizando un sistema de propulsión: as súas dúas colas permítenlle tanto avanzar como desplazarse cara á esquerda e á dereita.

Usando os sistemas de visión artificial e procesamento de imaxes (GPS), o robot pode navegar polo interior do corpo do paciente, antes da operación, pode identificar a mellor posición para os implantes necesarios, e elabora un esquema para os colocar.

Tras avaliar e aprobar as recomendacións do robot, os cirurxiáns insiren os instrumentos cirúrxicos a través do brazo do robot, no lugar exacto, evitando danar nervios e tecido da columna vertebral e minimizando así o risco de tocar puntos vitais.

Coa axuda do robot, de 2 milímetros de diámetro y 15 de largo, poderán introducirse implantes no corpo do paciente case sen riscos colaterais. Os cirurxiáns non precisan radiografías continuamente, e os pacientes só quedan expostos a un 2% da radiación habitual nas operacións de médula espinal.

O mecanismo servirá, por exemplo, para realizar biopsias ou aplicar medicamentos en puntos moi determinados, segundo explica o Profesor Moshe Shoham, director dos laboratorios de robótica do Instituto de Tecnoloxía Technion de Haifa (Israel) Shoham xa desenvolveu un robot similar que asiste en operacións de lombo: "é máis grande, actúa desde fóra e actualmente emprégase en tres hospitais de Israel e en dez de EEUU.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: