A delegación do goberno español atribúelle a colocación de explosivos en diferentes puntos do país.
O delegado do goberno español, Manuel Ameijeiras, asegurou hoxe que as forzas de seguridade agardan ter resultados axiña nas investigacións do grupo independentista Resistencia Galega. Ameijeiras subliñou que está a haber un traballo “intenso” e insinou a posibilidade de que haxa detencións nun curto prazo de tempo.
A delegación do goberno español atribúelle a Resistencia Galega a colocación de explosivos nunha urbanización de Cangas do Morrazo e no polígono lugués do Ceao e o incendio nunha máquina que traballa na construción do AVE en Compostela.