 
"Este pobo uniu todas a vontades, independentemente do que pensasen", dixo Anxo Quintana no concello onde el mesmo foi alcalde durante once anos.
Falou o voceiro nacional do Bloque do "modelo Allariz" e atribuíulle aos veciños o éxito no funcionamento dese proxecto, agradecéndolles a confianza no nacionalismo. "Non se me ocorre ningún voto do que non sexa merecedor Paco, meréceos todos", asegurou durante a presentación do actual alcalde e candidato á reelección, Francisco García. Na actualidade, o BNG conta con 8 asentos no Concello, por 4 do PPdeG e 1 para o PSdeG.   
  
   Quintana dixo estar seguro de que o PPdeG ten "unha espiña cravada" polo triunfo do "modelo Allariz". "Pódelles o odio e o rancor", acusou aos populares,  reprochándolle ao candidato do PP á alcaldía que rexeitase que unha etapa da Vuelta Ciclista a España saíse da vila ou lembrando cando tamén o PP se opuxera en 1998 á visita do príncipe Felipe á vila. "Puxeron o berro no ceo e non querían que viñese. Como se pode estar en contra disto?", dixo Quintana. Subliñando que o BNG seguirá sendo "republicano e nacionalista", indicou que "se podemos utilizar este concello como elemento de propaganda da nosa nación, por que non?. Somos nacionalistas, pero non parvos". "Todos queren ser como Allariz", dixo a continuación Francisco García, actual alcalde.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto