Unha reportaxe sobre o concerto de Berrogüetto da pasada fin de semana no programa "Rodasons" do Canal 33.
O programa Rodasons leva máis de trece anos informando de actividades musicais vinculadas á música folk, con especial atención ás iniciativas xurdidas nos Países Cataláns e no Aragón; toda unha declaración de intencións por tratarse do territorio da antiga Coroa de Aragón.
A emisión deste sábado, que fai a número 611, abre cunha reportaxe sobre os Xerramequ Tiquis Miquis, que actuaron na Sala Bikini o 13 de marzo no marco XX Festival Tradicionàrius, e a continuación dá conta da actuación de Berrogüetto o sábado pasado na plaça del Rei de Barcelona, canda Dúmbala Canalla, dentro do Festival SonGaliza. Remata o círculo volvendo ao Tradicionarius, emitindo o concerto da banda El Pont d'Arcalís i Les Violines no Auditori o 3 de marzo.
O programa emitirase no Canal 33 e tamén no canal internacional da TV catalá.
PROGRAMA RODASONS
XERRAMEQU TIQUIS MIQUIS no Tradicionàrius + BERROGÜETTO no SonGaliza + Concerto: EL PONT D'ARCALÍS & LES VIOLINES (5ª parte).
Canal 33
Sábado, 19 de maio de 2007, ás 10 h.
Reemisión: mércores, 23 de maio, ás 0.45 h.
TVCi
Sábado, 19 de maio de 2007, ás 12 h.