O atleta vigués, do clube A. D. Marathon fixo a mellor marca na xornada do sábado na liga estatal de División de Honra.
Lanzando un martelo de algo máis de sete quilogramos, Vicente fixo unha marca de 65,27 metros, un novo récord no deporte galego, que dende 1994 mantiña J. Manuel Almudí, con 65,18 metros.
Vicente foi seguido, durante toda a competición, por outro atleta vigués, Ignacio Fernández, do Playas de Jandía, que con 65,07 m. ficou na segunda posición no podio.
Vicente xa ten varios récords galegos e estatais nas categorías cadete, xuvenil e xunior da especialidade de martelo, e esta é a súa primeira tempada na categoría de martelo promesa, que comezou con bo pé.