Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Ciclismo

O Karpin Galicia compite por primeira vez na casa

A equipa galega ten a súa primeira competición na terra, no arranque dun circuíto portugués entre Compostela e Vigo. Despois desta proba vai disputar a Volta a Catalunya, na última semana de maio.

Redacción - 13:03 15/05/2007
A equipa poderá recibir de preto o apoio dos galegos

A equipa poderá recibir de preto o apoio dos galegos

A equipa do Karpin Galicia vai disputar a súa primeira competición en Galiza o vindeiro xoves, nunha proba do calendario portugués: o Gran Premio Paredes Rota dos Móveis, que na súa segunda edición sae de Compostela, para cubrir na primeira xornada un percorrido de 191,7 quilómetros entre a capital e Vigo.

Nesta proba compiten para o Karpin Galicia David García, Enrique Salgueiro, Gaizka Lasa, Santos González, Serafín Martínez, Ramón Troncoso, Gonzalo Rabuñal e Gustavo Domínguez, dirixidos por José Ángel Vidal e Jesús Blanco Villar.

O Gran Premio Paredes Rota dos Móveis dispútase en catro etapas entre o 17 e o 20 de maio, e arrinca o Día das Letras da Praza do Obradoiro ás 10:25 h., para terminar na Avda. Portanet de Vigo, á altura da bancada de río do estadio de Balaídos.

A segunda etapa sae de Vigo o venres, de mañá e conclúe na vila portuguesa de Maía, despois de cubrir un itinerario de 194,4 quilómetros. As dúas etapas que aínda fican hanse celebrar en terras portuguesas, entre a vila de Maia, Rebordosa, O Porto e Lordelo.

Nesta competición participan dezaoito equipas, entre elas, seis estatais: Relax-Gam, Euskaltel–Euskadi, Nicolás Mateos, Orbea-Oreka, Spiuk-Extremadura e Karpin Galicia.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: