Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ATÉ AGORA SÓ SE PODÍA USAR NA USC

Publicado na rede o maior glosario científico da lingua

O "bUSCatermos" recolle 134.000 fichas e traducións ao inglés, castelán, portugués e catalán.

Manuel Vilas - 13:00 15/05/2007

A Universidade de Santiago (USC) acaba de publicar en internet o “bUSCatermos”, a maior base de termos científicos que existe en lingua galega. Esta potente ferramenta era até hoxe de uso exclusivo do persoal da USC.

Traduccións
O “bUSCatermos” inclúe 134.000 fichas de 200.000 termos de linguaxes de especialidade, segundo explicou hoxe o reitor Senén Barro. O mandatario dixo que a USC está a traducir a base terminolóxica a outros idiomas. De feito xa se poden atopar traducións dalgúns termos ao portugués, castelán, inglés e o catalán.

A USC decidiu abrir ao público a base terminolóxica co gallo do próximo Día das Letras Galegas, que tamén é o Día de Internet. Así o explicou Barro na inauguración da xornada "Estratexias Tic e da Sociedade da Información en Galiza" que se celebra hoxe en Santiago.

Promesas de apoio á industria TIC propia
Na mesma inauguración, o conselleiro Fernando Blanco reafirmou o compromiso da Xunta coa creación dunha industria TIC propia do país. Blanco prometeu que se investirán máis de 800 millóns de euros ata 2010 para fomentar a creación de contidos e a mellora da capacitación dos profesionais deste sector, entre outras medidas.

Durante as conferencias da tarde, técnicos de Galiza, Andalucía, Asturias e Euskadi debaterán o papel das administracións autonómicas no desenvolvemento da sociedade da información.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: