Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe da asociación

A Cruz Vermella di que Israel incumpre as leis humanitarias

O Comité Internacional da Cruz Vermella denuncia os excesos da ocupación israelí.

Redacción - 08:00 15/05/2007

O informe interno da Cruz Vermella subliña que todo o territorio conquistado por Israel na guerra de 1967 é "territorio ocupado" e di que o goberno israelí exerce a súa condición de forza de ocupación en detrimento da poboación palestina. Ocúpase por exemplo da situación de Xerusalén, sinalando que Israel forza o "redeseño do desenvolvemento da área metropolitana con consencuencias humanitarias de gran alcance". De xeito concreto, denuncian que se ille os palestinos da zona do resto e critícanse as crecentes dificultades destes para accederen a hospitais e escolas.

Recoñecida como gardián das leis humanitarias baixo a Convención de Xenebra de 1949, o comité da Cruz Vermella non fai públicos directamente os seus informes, aínda que llos achega a algunhas institucións e actores políticos. Este en concreto, foille proporcionado ao New York Times pouco antes da celebración do que o executivo israelí bautiza coma o 40 aniversario da unificación de Xerusalén.

Poden ampliar en The New York Times.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: