Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Incluídos senadores e un deputado

Ordenan a detención de vinte políticos colombianos pola súa relación con grupos paramilitares

Un amplo grupo de representantes da dereita colombiana presuntamente implicados en pactos con grupos ultras armados.

Redacción - 08:00 15/05/2007

O coñecido como Pacto de San José de Ralito foi un acordo presuntamente asinado en 2001 entre membros da dereita política de Colombia e líderes de grupos paramilitares, co obxectivo de coordinaren estratexias para o que definían daquela como "refundación" do país.

O acordo xa foi recoñecido por algúns dos políticos implicados no proceso xudicial. Están vencellados a eses manexos antigos alcaldes, deputados, gobernadores, un ex ministro e varios senadores e un deputado en activo. A decisión de proceder á detención de até vinte destas persoas foi tomada pola Sala Penal da Corte Suprema de Xustiza e pola Fiscalía Xeral de Colombia, acusándoos de presunta "concertación para delinquir".

Máis en El Tiempo e El Espectador


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: