A Marcha dos Disidentes quere que se coñezan internacionalmente as restricións ás liberdades impostas polo goberno Putin.
Malia que as autoridades locais desta cidade ao sur de Rusia deron xa a súa autorización para esta convocatoria, o goberno ruso iniciou unha ampla operación contra xente relacionada coa súa organización. Desde xornalista até activistas de diversos colectivos, pasando por membros de formacións opositoras, producíronse xa detencións nos últimos días.
Na Marcha dos Disidentes estarán coñecidos líderes opositores, como Gary Kaspárov, ex campión mundial de Xadrez e agora líder da Fronte Cívica Unida. Tamén o ex primeiro ministro Mihail Kasiánov, outra das referencias xunto a Kaspárov da coalición opositora A Outra Rusia.